Día dos Museos 2017
A Cidade da Cultura celebra o vindeiro 20 de maio os cinco anos de actividade cultural do Museo Centro Gaiás cunha xornada festiva para todos os públicos. Coincidindo coa celebración do Día dos Museos (que se conmemora o 18 de maio), o Museo Centro Gaiás acollerá un programa de actividades de balde entre as 12:30 e as 20 horas que inclúe xogos tradicionais, música, obradoiros, exposicións e unha sesión vermú amenizada cunha selección musical de Delafé DJ Set.

