Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Titerentroido 2017

Esta representación abre o festival Titerentroido. Está representada con algúns dos bonecos que se poden ver na exposición 'Mamulengo, Teatro de bonecos popular do Brasil', a cargo de Traspusteros Teatro. O Mamulengo é o termo comunmente utilizado para designar o teatro de bonecos popular da rexión Nordeste de Brasil.

Máis información no Museo Galego da Marioneta

Galego

XVII Mostra de Teatro Clásico de Lugo

A XVII Mostra de Teatro Clásico, que acollerá o Auditorio Municipal Gustavo Freire do 3 de febreiro ao 19 de marzo, inclúe ademais dunha sección oficial de representacións, unha sección off, con actividades na rúa ou espectáculos de pequeno formato. Este último programa terá lugar dende o luns 30 ao venres 19 de marzo en diferentes lugares da cidade, ademais do auditorio.

Galego

Allariz Ilustrado: I Festival da Arte da Ilustración

O I Festival de Ilustración que se celebra nesta vila acolle da man destes profesionais convidados charlas e obradoiros sobre cadernismo e debuxo a partir na rúa.

Conferencias, presentacións ou a exposición Clásicos Reseteados do ourensán Miguel Robledo fan parte dun programa no que tamén haberá unha sesión de presentación de proxectos aberta a novos ilustradores.

Galego

Pequefilmes

A Cidade de Cultura de Galicia organiza o festival infantil de curtas ‘Pequefilmes’, dirixido a rapaces de entre 5 e 12 anos. Un total de 40 curtametraxes proxectaranse durante estes dous días no Museo Centro Gaiás, no que tamén se levarán a cabo unha serie de obradoiros formativos cos que os cativos descubrirán de primeira man o funcionamento do cine de animación.

Galego

Cantos na Maré 2017

O Festival Internacional da Lusofonía homenaxea nesta edición ao desaparecido Fran Pérez 'Narf'.

A homenaxe a Fran Pérez ‘Narf’ e a música de Guadi Galego xunto coa do guineano Manecas Costa, a do angolano Paulo Flores, a da portuguesa Celina da Piedade e a da brasileira Kátya Teixeira centrarán unha das primeiras grandes citas musicais de 2017, que ten a Santiago Auserón como artista convidado.

Máis información, aquí.

Galego

Implícate!

ONG Implicadas no Desenvolvemento celebra a súa habitual noite de música e palabra solidaria, 'Implícate!'.

Nesta edición estará presentada pola poeta Yolanda Castaño e o actor Monti Castiñeiras. Ademais de colaborar mercando a entrada do evento, tamén haberá unha Fila Cero na web de entradas de Abanca, na que poder facer aportacións de 5, 10, 15 ou 20 euros.

Este ano estará presentada por Yolanda Castaño e Monti castiñeiras e participan no evento:

MÚSICA: Nacho Vegas, De Vacas, IGMIG

DANZA: Clara Ferrao

TEATRO: Rober Bodegas, Marián Bañobre

Galego

MOTI -Mostra de Teatro Infantil

A MOTI -Mostra de Teatro Infantil- celebra a súa 13ª edición do 26 ao 30 de decembro coa participación de 16 compañías, procedentes a metade delas de Galicia e o resto de Cataluña, País Vasco, Madrid, Asturias, Arxentina e Portugal.

Elas serán as encargadas de ofrecer 18 representacións de diferente formato, desde teatro para bebés a circo contemporáneo, e un concerto. Tamén haberá obradoiros relacionados con compañías ou obras presentadas e xogos artesáns.

Galego

XVI Mostra de Curtametraxes do Ateneo

Curtametraxes e creacións de cineastas, case sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

O obxectivo é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas.

Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival