Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Melona Fest

Festival que durante catro días ofrece un completo cartel que permite coñecer a música independente actual galega e máis próxima como a asturiana ou portuguesa, á vez que se organizan actividades complementarias aos concertos en diferentes espazos ( Unitaria, Sala Riquela, Ruta)

Galego

Trapallada Fest

Trapallada Fest reunirá ona súa primeira edición a un total de 7 artistas en grao sumo actual do panorama da música urbana.

O prato forte será o adianto en primicia dun dos discos máis esperados do panorama: GOOD NEWS FOR BAD BOYS do artista SAMUEL OKANE. Acompañarano no escenario DICC, ONTE PATH, GROVE HUSTLA, ZETAZEN, WANNA DEE E BLA-DE.

12euros+gastos de xestión e 16? no despacho de billetes.

Venda de entradas: EMBORA / TWIST & SHOUT CLUB (O Grove) / SPUTNIK TATOO (VIGO) / www.hiphoptickets.com

Galego

Semana de Poesía Salvaxe

A nova edición deste festival poético, que se desenvolve en diversos espazos da cidade de Ferrol, conta coas intervencións dunha trintena de artistas, como Ana Vega, Elisabeth Oliveira, Ángel A. Simón, Yolanda Castaño, David Rey Fernández, Acefalo Teatro, Vicente Araguas, Cristina Fernandez, Xosé Abeledo, Leo ou Aldaolado, e coa figura central desta edición: Paco Ibáñez, cun concerto o día 20 no Teatro Jofre.

Galego

Primos Hermanos 2017

Un ano máis, Desconcierto Cultural continúa ca misión autoimposta de achegar ás comunidades veciñas a base de propostas musicais.

O festival Primos Hermanos consolídase ao chegar á cuarta edición, manténdose nas mesmas cidades aínda que varía algún dos espazos.

O programa de Santiago do 1 de abril é o seguinte:

Galego

Festival Atlántica 2017

Este  ano este festival de narración oral cumpre un lustro e medra por toda Galicia e leva historias a Santiago, á  Coruña, a Ourense, a Vigo, Ferrol, Lalín e Teo. Contadores do país e contadores de fóra, que veñen de Madeira, dos Azores, Brasil, Alemaña, Tras os Montes, Alacante e Uruguai.

Todos con contos para grandes e cativos, que se escoitarán nas escolas, nos teatros, nos bares, nas bibliotecas… en calquera sitio onde o rito da palabra poida darse e que vén sendo calquera lugar onde alguén fale e outro escoite.

Galego

PequeQueixo

A Festa de Arzúa celebra esta fin de semana --dentro da súa programación de concursos gastronómicos e actividades culturais e musicais-- o PequeQueixo, un festival para a xente miúda que conta o sábado día 4 cos ritmos rock de A Gramola Gominola e o domingo con Paco Nogueiras e o seu divertido e incansable espectáculo de Brinca Vai! Todo o programa, aquí.

Galego

PequeQueixo

A Festa do  Queixo de Arzúa celebra esta fin de semana --dentro da súa programación de concursos gastronómicos e actividades culturais e musicais-- o PequeQueixo, un festival para a xente miúda que conta o sábado día 4 cos ritmos rock de A Gramola Gominola e o domingo con Paco Nogueiras e o seu divertido e incansable espectáculo de Brinca Vai!

Todo o programa, aquí.

Galego

The Orlando Consort

Formado no Early Music Centre de Gran Bretaña en 1988, The Orlando Consort é actualmente un dos conxuntos vocais máis importantes de Europa. O seu traballo combina á perfección a seriedade e rigorosidade dos programas coa frescura das interpretacións, que cativan o público inmediatamente. As imaxinativas e orixinais propostas unidas á mestría vocal fixeron que sexan unha referencia mundial neste campo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival