Mostra de Teatro de Malpica 2016
Os espectáculos galegos máis laureados serán os protagonistas dunha 12ª edición da Mostra de Teatro de Malpica de gran nivel. A Concellería de Educación, Cultura e Turismo coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, reúne o mellor da escena galega ao longo de varias semanas. Os espectáculos máis laureados pasarán polo escenario do Centro Cívico a partir do día 4 de novembro e ata o 2 de de decembro.

