Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Festival VdeValarés

O Festival VdeValarés celebra a súa décima edición con tres días de concertos. Na praia de Ponteceso que lle dá nome actuarán grupos e artistas galegos e internacionais, entre os que se inclúen Gigolo Aunts, Rah Rah, Tachenko, Nudozurdo, León Benavente, Kula Shaker, Neuman, Perro, Belako, Egon Soda, The Limboos e Fogbound.

Galego

Mostra de Teatro Galego de Cariño

Mostra de teatro, dende 1978, íntegramente en galego. Neste 2016, celebra o seu 38 aniversario.

Concello de Cariño organiza os eventos, que contan co patrocinio da Diputación da Coruña, a Xunta de Galicia e la Axencia Galega das Industrias Culturais.

A Mostra foi impulsada desde finales da década dos setenta pola Agrupación Cultural Malveira e compaxina funcións nocturnas con citas para o público infantil.

Galego

Paseantes 2016

Paseantes ofrece itinerarios musicais durante dous días co obxectivo de que as prazas da cidade do Lérez sexan un punto de encontro entre artistas e público, cun espazo de lecer e dinamización que activará a urbe.

Programa:
Venres 29 de xullo

Galego

VIII Festival de Orfeóns

O Auditorio Mar de Vigo acolle o VIII Festival de Orfeóns de Acopovi no que participarán máis de 150 voces das corais Allegro, Apóstolo Santiago, Cidade de Vigo, San Mamede de Zamáns e Lira de San Miguel de Oia.

Acompañadas ao piano por Rasa Biveinienne, interpretarán arias de zarzuela e de ópera, coñecidos musicais, bandas sonoras, boleros e habaneiras.

Galego

Osa do Mar

Terceira edición dun festival de música que fusiona diferentes estilos para conformar un cartel alternativo e 'underground' e que se converteu  nunha cita ineludible na comarca da Mariña.

Galego

Música no Claustro

Baixo o leimotiv Fortalezas e a dirección artística de Samuel Diz, Música no Claustro ofrecerá diversos concertos de música clásica, antiga e jazz. No marco desta programación musical, chegará por primeira vez a Galicia, procedente de Lisboa, un dos proxectos máis singulares xurdidos na última década en Portugal: Noiserv. Nese diálogo entre ambas as dúas beiras do Miño, tamén terá lugar a presentación en escena do pergamiño Vindel de Martín Códax.

Galego

Festórreo

A asociación cultural Canle de Lira (Carnota) celebra cada ano por estas datas un orixinal e concorrido festival, o Festórreo, no que se  implica toda a vila. Combínase teatro popular, gastronomía, música e mesmo cine, todo un traballo colaborativo e comprometido baixo a batuta artística do actor Miguel de Lira.

Galego

Festival Armadiña Rock 2016

Siniestro Total, Banda Bassotti, Terbutalina, Ses, The Lakazans, Agoraphobia, Banda Crebisky, Tractor Troy, Noite Fechada, Cora Sayers, Poetarras, Pulpiño de Viascón...ademais, sesións vermú, teatro de rúa, Armadiña Kids, exposicións, conferencias, acampada...

Encadrado dentro da Festa do Mar de Poio e acompañados polo Encontro de Embarcacións Tradicionais organizado polo Clube Mariño A Reiboa. Organiza ACDeM Armadiña

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival