Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Campeiras Life

Festival que suma surf, música e natureza, ben respaldados pola gastronomía e cultura.

Este certame conta xa cun elenco de artistas confirmados de distintos estilos musicales consta de Club de Rio, Belize, Holy Bouncer, Smooth Ends, Mahalo, Beach for Tiger e Lizard Pants.

Máis información

 

Galego

O Marisquiño 2016

A música ten sempre un gran protagonismo como complemento á programación deportiva, no marco da que o festival repite como sede da World Cup Skateborading, ademais de acoller diferentes probas, premios e exhibicións de BMX, Freeride Mountain Bike, MTB, Motocross, Flatland ou B-Boying, entre outras especialidades.

Esta edición volve contar cunha ampla participación nacional e internacional de calidade, así como pola transmisión de valores de xuventude, modernidade, amizade, creatividade e riqueza cultural.

Galego

IV Festival Groba

O Festival Groba celebra a súa cuarta edición do 5 ao 12 de agosto cun programa que inclúe xornadas formativas para artistas novos con músicos de recoñecido prestixio internacional e unha ampla programación de concertos abertos ao conxunto da cidadanía.

Durante o festival, celebraranse concertos diarios e gratuítos para o público a cargo de diversos artistas invitados e da Orquestra de Cámara Galega, que por cuarto ano consecutivo será o ensemble en residencia.

Galego

Festival dos Eidos

O Festival dos Eidos forma parte do proxecto europeo LitFest; unha iniciativa comprometida co ensino permanente (para toda a vida e para todo o mundo) a través da literatura. Unha aventura na que a Fundación Uxío Novoneyra comparte ilusión e traballo coa Fondazione Alfonso Gatto (Salerno, Italia), o festival de poesía St.Clementin Litfest (St Clementin, Francia) e a ONG Catching Lives! (Canterbury, Reino Unido).

Galego

Festigal 2016

No Festigal 2016 tocarán Kepa Junkera & Sorginak, Poetarras, Arrhythmia, Biribirlocke, Falua, Fran Amil e a Tribo Incomprensíbel, AldaoLado e Fanfarria Taquikardia. Ademais, nesta XV edición, abrirá Esposa, a banda gañadora do concurso Novos Valores, haberá un espectáculo de maxia con Martín Camiña e a charanga Os Campantes da Baña amenizará a festa.

O evento será o 24 e 25 de xullo, no campus sur de Santiago de Compostela e está organizado por Galiza Nova e pola Fundación Galiza Sempre.

Máis información

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival