I Premios Fouciño
A asociación Cultural Adro de Baio convoca os Premios Fouciño a produccións audiovisuais curtas en homenaxe á primeira curtametraxe da Costa da Morte titulada "Fouciño Sanguento" producida entre os anos 1995 e 1999 a cargo de un grupo de rapaces e rapazas do entorno Baiés.
Para iso Adro propúxose crear un certame e premiar as dotes técnicas, artísticas e creativas dos e das estudantes da Costa da Morte así como de toda persoa interesada na creación audiovisual para incentivar a cultura cinematográfica na nosa bisbarra.

