Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

XIV Festival Agustín Magán

Mostra do teatro amador. O Teatro Principal e o Salón Teatro acollerán as obras finalistas da décimo cuarta edición deste festival, promovido pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea) coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación e do Concello de Santiago de Compostela.

Galego

LGx15

Proxecto para a difusión de ideas para o futuro da lingua, e que comeza cun evento de charlas e exposición de argumentos e experiencias que poden influír nas actitudes e conciencia lingüística e no futuro do galego.

En LGx15 intervirán diversas persoas para transmitir, dun xeito breve, claro e visual a través de charlas dun máximo de 15 minutos, ideas e reflexións que poden, e queren, influír no uso e prestixio do galego e/ou nas actitudes e comportamentos lingüísticos, procurando reflexións, accións e cambios.

Galego

Vertixe Vigo15

10 estreas mundiais, 7 concertos, 2 obradoiros, 9 conferencias e 15 países representados. VertixeVIGO chega á súa terceira edición para consolidarse como un dos espazos europeos de difusión da música contemporánea máis innovadores e a principal plataforma española para coñecer a creación musical experimental emerxente no ámbito internacional.

Galego

A Rebusca de Outono

A Rebusca de Outono é un festival de música galega en Manzaneda. Ademais, haberá zona de acampada, venta de comida e bebida a precios populares. Esta edición de outono é autofinanciada pola Asociación Cultural A Rebusca e conta co apoio externo do Concello de Manzaneda.

Venres, día 20, con apertura de portas ás 21.30 horas:

Galego

XX Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF)

Dez películas competirán na fase final do Festival de Cine Internacional de Ourense, que se celebrará entre o 14 e o 22 de novembro. Son “ La vida después” (Arxentina), “Bridgend” (Dinamarca), “The Sinking of Sozopol” (Bulgaria), “Dark Horse” (Reino Unido), “La novia” (España/Alemaña), “Bambanti” (Filipinas), “El comienzo del tiempo” (México), “La decisión de Julia” (España), “Techo y comida” (España) e Killing Time” (Francia/Bélxica).

Galego

Festival de Cine Euroárabe Amal 2015

Amal15 ofrece 10 proxeccións no Teatro Principal de Santiago, entre as que se inclúen tanto de fitas de ficción como de documentais. No marco deste último xénero, na sesión inaugural do ciclo estrearase ‘Colonos e Pombas’, dos xornalistas galegos Marga Pazos e Alfonso Caneiro, que amosa o periplo diario de nenos palestinos para chegar á escola.

Así mesmo, proxectaranse os filmes ‘Ghadi’, ‘Syria Self-Portrait’, ‘Theeb’, ‘Azucre aparte’, ‘Giraffada’, ‘Os cabalos de Deus’, ‘Atlantic’, e ‘Villa Touma’. A semana oficial pecharase cun gran clásico do cinema, ‘Lawrende de Arabia’.

Galego

Festival Premios Martín Códax da Música

O festival celebrarase ao longo de tres días en salas, bares, rúas e prazas da cidade e sen actividades solapadas, polo que será posible acudir a todas as citas. Ademais dos concertos dos grupos premiados o pasado ano nos Premios Martín Códax da Música, desenvolveranse outras actividades de promoción arredor da música, tales como distintas maridaxes entre viño e música e un coloquio sobre a situación do sector, co que se abrirán o encontro o o xoves día 15 ás 19:00 horas na Sala C.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival