Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

35 Cabodano John Lennon

O 8 de decembro de 1980 era asasinado John Lennon diante do edificio Dakota no que vivía. Con motivo dese aniversario, Acordes para a Paz programa este festival benéfico, un espectáculo conducido pola polifacética Teté Delgado e que ten como obxectivo recadar fondos para a ONG Ecodesarrollo Gaia.

Galego

XIV Festival Agustín Magán

Mostra do teatro amador. O Teatro Principal e o Salón Teatro acollerán as obras finalistas da décimo cuarta edición deste festival, promovido pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea) coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación e do Concello de Santiago de Compostela.

Galego

LGx15

Proxecto para a difusión de ideas para o futuro da lingua, e que comeza cun evento de charlas e exposición de argumentos e experiencias que poden influír nas actitudes e conciencia lingüística e no futuro do galego.

En LGx15 intervirán diversas persoas para transmitir, dun xeito breve, claro e visual a través de charlas dun máximo de 15 minutos, ideas e reflexións que poden, e queren, influír no uso e prestixio do galego e/ou nas actitudes e comportamentos lingüísticos, procurando reflexións, accións e cambios.

Galego

Vertixe Vigo15

10 estreas mundiais, 7 concertos, 2 obradoiros, 9 conferencias e 15 países representados. VertixeVIGO chega á súa terceira edición para consolidarse como un dos espazos europeos de difusión da música contemporánea máis innovadores e a principal plataforma española para coñecer a creación musical experimental emerxente no ámbito internacional.

Galego

A Rebusca de Outono

A Rebusca de Outono é un festival de música galega en Manzaneda. Ademais, haberá zona de acampada, venta de comida e bebida a precios populares. Esta edición de outono é autofinanciada pola Asociación Cultural A Rebusca e conta co apoio externo do Concello de Manzaneda.

Venres, día 20, con apertura de portas ás 21.30 horas:

Galego

XX Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF)

Dez películas competirán na fase final do Festival de Cine Internacional de Ourense, que se celebrará entre o 14 e o 22 de novembro. Son “ La vida después” (Arxentina), “Bridgend” (Dinamarca), “The Sinking of Sozopol” (Bulgaria), “Dark Horse” (Reino Unido), “La novia” (España/Alemaña), “Bambanti” (Filipinas), “El comienzo del tiempo” (México), “La decisión de Julia” (España), “Techo y comida” (España) e Killing Time” (Francia/Bélxica).

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival