Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Festival Peregrinos Musicais

O Festival Peregrinos Musicais celebra xa o seu quinto aniversario. O Festival conta cun excepcional nivel artístico e abarca os mellores escenarios de Santiago de Compostela culminando cun solemne concerto de Clausura no Auditorio de Galicia, onde os peregrinos desta nova edición actuarán xunto á Real Filharmonía de Galicia.

Galego

Outono Códax Festival

Tres sábados consecutivos (19 e 26 de setembro, e 3 de outubro, na Sala Capitol de Santiago de Compostela) e, por primeira vez na súa curta pero intensa historia, unha cita fóra das fronteiras galegas (2 de outubro, na Sala Acapulco de Xixón) servirán ao Outono Códax, o festival galego de música negra, para conmemorar o seu quinto aniversario.

Galego

Rianxo on Fire

Festival nado no 2012 como iniciativa para ofrecer aos novos grupos unha plataforma para presentar os seus traballos. Esta filosofía inicial fai que se goce no mesmo marco a concertos de moi diversos estilos e para todos os gustos.

O festival está encadrado dentro da programación da derradeira xornada das festas da Guadalupe 2015.

Nesta cuarta edición os grupos participantes son:

Galego

Festival Rock in Rian

O Festival da Ría ten cada ano unha maior referencia galega do rock e de distintos estilos nunha xornada imprescindible para os amantes da boa música en vivo.
Encadrado dentro das actividades das Festas da Guadalupe.

Actuacións:

  • 23:00h. Quempallou
  • 00:15h. Os Diplomáticos de Monte Alto
  • 02:00h. Forraje
  • 03:15h. Terbutalina
  • 04:30h. Desalojo
Galego

Festimar

Un grupo de mozos de Marín expuxéronse a organización deste festival que conta no cartel con grupos de distintos estilos (rock, funk, reggae,...), combinando todo isto con actividades para os máis pequenos nas horas previas aos concertos.

Os grupos que se soben ao escenario nesta edición do festival son:

Galego

Rock is Dead Festival

Este festival renderá homenaxe aos artistas falecidos da historia do rock, onde a música, os concertos e actividades estarán distribuidos ao longo do día, atendendo a diferentes públicos por franxas horarias.
Pola mañá e nas primeiras horas da tarde desenvolvense actividades, obradoiros e xogos infantís.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival