Festa Folc de Vilariño
O festival organizado pola Asociación Cultural O Gato preséntase como unha das grandes citas da comarca para este verán. O 15 de agosto a praia de Vilariño acollerá un evento que conta cun cartel que non pasará desapercibido Kepa Junquera, Pelepau, Cuchufellos e Chotokoeu serán os encargados de facer bailar e desfrutar a todo o público que asista ao areal de Vilariño.

