Festival da Poesía no Condado
A XXIX edición está dedicada a migración, por iso as proxección de curtametraxes seleccionadas polo Cineclube de Compostela sobre a inmigración; a exposición do fotógrafo Xosé Quiroga; e a presentación do libro Realidades Cercanas do tamén fotógrafo Gabriel Tizón abren o 4 de setembro un programa que tamén inclúe a presentación do proxecto “Videocartas Galiza-Berlín”.
Ás 22 horas o poeta e tradutor Isaac Xubín recitará textos do escritor vasco Joseba Sarrionandia nunha sesión na que a música a porá o Cuarteto Caramuxo.

