Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Festival Xironsa

A parroquia de Corvillón, en Cambados, convértese un ano máis nun punto de encontro para os amantes da música folclórica e popular. Chega da man do Festival Xironsa, que acada a súa edición número 16. Dous días de festexos nos que poderedes gozar con interesantísimos concertos nun sensacional espectáculo músical.

Galego

FeneRock Festival

Este festival nace no 2003 cando un grupo de amigos se xunta para homenaxear ao guitarrista de Fene Félix García Beceiro finado 8 anos antes.
Naquela primeira edición concorreron 17 grupos da ferrolterra (algúns deles xa disoltos, pero que se xuntaron para a ocasión).

O Cartel desta 13ª edición do festival está composto por:

Galego

Festival de la Luz 2016

As orixes do festival están nunha vella idea da cantante Luz Casal, organizar na súa vila natal unha festa de música no agro, un tempo adicado a homenaxear a Galicia rural e para toda a familia. Promocionar os seus produtos e iniciativas culturais. A recadación íntegra dóase a iniciativas sociais.

Ao igual que noutras edicións, na deste ano a música ten un lugar salientable con figuras como Os herdeiros da Cruz, Cris Román, Los Suaves, Miguel Costa, Guadi Galego, José Mercé, Hombres G, Triángulo de Amor Bizarro, Malvela, Rosa Cedrón ou The Lakazáns, e outras sorpresas.

Galego

Festival Irmandiño

O Festival Irmandiño é un proxecto que naceu en 1980 como resposta á necesidade de proxectarnos como pobo con historia propia, como herdeiros duns galegos e galegas que, aló polo século XV, se rebelaron contra o poder establecido, contra unha situación social de opresión, abuso e miseria.

Galego

Festival das Artes Escénicas

En 2007, un grupo de amigos de Riós, puxeron en marcha unha nova iniciativa para promover a cultura en pequenas zonas do rural, con poucas propostas artísticas. A Asociación Cultural da Castaña naceu con este obxectivo e o primeiro proxecto que leva a cabo é un festival cultural en Riós.
Un festival multidisciplinar e interdisciplinar, que combina música, teatro, cine, humor, arte, deporte, gastronomía e compromiso social nun evento que se celebra habitualmente o 13 e 14 de agosto (con motivo do aniversario de Abelardo Gabriel, impulsor do festival, e falecido en 2010).

Galego

II Dia das Galegas nas Letras

Con este festival romaría a Plataforma de crítica literaria A Sega formada por mulleres pretende render unha homenaxe a María Victoria Moreno, a mestra e escritora finada no 2005 en Pontevedra.

A Sega nace do exercicio de observar un panorama da crítica caracterizado polos silencios das voces das expertas, por lecturas sen explicitación da posición, pola falla de análise crítica dos textos das autoras. O tempo é chegado de ocupar con enerxía o espazo público para que as lecturas críticas adopten voces ás que non se lles deu ata o momento nin visibilidade nin autoridade.

Galego

Festival do Castro

Na zona de O Castro, que coroa a vila de Ferreira de Pantón, naceu o 28 de xullo de 1979 o que denominaron como Primeiro Festival Galego do Castro. O Festival do Castro deixou de realizarse despois de seis edicións. Despois de varios anos da desaparición a Asociación Cultural e Xuvenil O Castro recuperouno en 2006. Unha forte meta que se impuxo este grupo de xoves de Pantón axudados por outros rapaces de concellos próximos como Sober, O Saviñao e Pobra de Brollón.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival