II Festival Internacional de Cine Carlos Velo
Espazo para a divulgación e exhibición de curtametraxes documentais e de ficción, cunha temática relacionada co medio rural e coa recuperación da memoria material e inmaterial dos pobos do mundo.
Espazo para a divulgación e exhibición de curtametraxes documentais e de ficción, cunha temática relacionada co medio rural e coa recuperación da memoria material e inmaterial dos pobos do mundo.
Con este programa ao aire libre o concello pretende levar a cultura a barrios e aldeas, en pequeno formato e con actuacións tanto de grupos do ámbito local e comarcal como de outros lugares de Galicia, todos eles artistas consolidados e recoñecidos. A música, o folclore, a narración oral e o cinema serán protagonistas destas xornadas que pretenden achegar novos públicos a un programa consolidado neste seu terceiro ano de vida.
O programa completo é o seguinte:
Festival Pop-Rock onde desfrutar dos excelentes viños da D.O. Ribeiro, da boa música en directo e do máxico entorno do Bulevar Termal de As Burgas, en Ourense.
Coa entrada: unha Copa Serigrafiada e un viño da D.O. Ribeiro, que se entregarán no control de acceso ó evento.
3 bandas galegas completan o cartaz do I Enofestival Ourense
Un festival diferente encadrado dentro da programación das Festas de Ourense 2015.
Evento que contará coas actuacións dos seguintes grupos musicais: Leiva, Priscila, Bestlife Underyourseat e a fin de festa con Cora Novoa.
A apertura de portas será ás 20.00 horas. A entrada custa 13€ (anticipada); 15€ (na taquilla).
O festival Cultura Quente é unha manifestación singular de expresión e compromiso, impulsada polo Concello de Caldas de Reis para implicar a todos os sectores sociais nun proxecto de desenvolvemento local.
Un dos principais activos de Cultura Quente é o feito de tratarse dunha proposta innovadora, sen precedentes na contorna inmediata do municipio e en conxunto en Galicia. Por outra banda a interdisciplinaridade da proposta, con espazo para todo tipo de manifestacións estéticas, técnicas e artísticas, abre unha porta que non existía ata o momento.
Conciertos: Horarios:
Desde as 11 da mañá e ata ben entrada a noitiña hai oportunidade de vivir actividades lúdicas de todo tipo organizadas pola Asociación As Sobreiras do Ulla.
Xogos tradicionais co Open de Billarda, e obradoiros e xogos tradicionais para nenos; concertos; cantos de taberna; sesión vermú e como non podía faltar en calqueira festa galega un xantar campestre.
O obxectivo do festival é amosar o potencial musical da comarca máis occidental de Galicia e sobre todo da gaita, o instrumento máis característico da bisbarra. Con este propósito reuniranse en Carballo ao maior número posible de gaiteiros para mostrar toda a forza da música tradicional e, dalgunha maneira, visualizar e homenaxear a todos cantos dedican o seu tempo libre a continuar dándolle vida á tradición, a potenciala e anovala. Está previsto que as actividades comecen ás 16.30 horas, co desfile de todos os gaiteiros e gaiteiras polas rúas principais de Carballo.
Concibida como unha iniciativa trasformadora, o proxecto Artes pola Integración é un exercicio de responsabilidade co fin de facilitarlle a diversos grupos subalternos da sociedade unha serie de facetas, plataformas, iniciativas e ferramentas coas que comunicar(se) e á vez pór en mans da sociedade unha serie de representacións visuais, literarias e escénicas coas que poder entender a realidade deses grupos socialmente excluídos por diversas razóns legais, sociais e/ou médicas.
O programa completo de actividades é o seguinte:
Musica e espectáculos esténdense por toda a cidade da Coruña achegando aos barrios os actos das festas.
Luns 15 de xuño:
18:00h. Praza de Lugo: Los mecánicos
19:30h. Praza Elíptica: The hellbuckers
Martes 16 de xuño:
18:00h. Praza da Cubela: Senectud Sideral
19:30h. Praza Pablo Iglesias: Fresquiños
Mércores 17 de xuño:
18:00h. Praza da Tolerancia: Samarúas
19:30h. Os Mallos - Ángel Senra: Per-Versións Band
Xoves 18 de xuño:
18:00h. Parque de Eirís: Música en todo
19:30h. Novo Mesoiro: After All