Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

VIII Festival Alternativo Millo Verde

XOVES: Actuacións de RMS e Eskornakabratúa.
VENRES: Os grupos que suben ao escenario son Maskarpone, Mafalda, Alpargata, Olive Tree Dance e DJ Öne.
SÁBADO: Concertos de Sacha na Horta, The Trouper´s Swing Band, Electric Swing Circus, Sete Cuncas, Imagina Funk DJ´s & JimmyJazz&Zelufank.
Todos estes concertos van acompañados de actividades de día coma a jam graffiti, eskalabirras, torneo de basket 3x3, danza africana, sesión vermouth, obradoiros para os máis cativos, e moitas máis sorpresas.

Haberá autobuses lanzadeira desde Redondela de 18h a 6h.

Galego

Centenario do Real Coro Toxos e Froles

Os actos programados comezan con un concerto de balde do Real Coro Toxos e Froles no Teatro Jofre, o venres 29 de maio.

O sábado 30 de maio desenvolveráse a Romaxe dos 100 anos, unha romaxe popular que se celebra na Plaza de Amboaxe, no cartel deste día están Os Melidaos, Vai rañala meu!, Cantigas e Agarimos, Rancho da Praça, Cantigas da terra, e para rematar o día coa actuación de Treixadura.

É, deste xeito, a grande celebración da música, o baile e o canto tradicionais.

Galego

Festival de Cans

Un total de 18 curtametraxes e outros tantos videoclips galegos a concurso nesta décimoterceira edición.  Ademais, os concertos volverán ocupar un espazo destacado nesta carteleira ata encher máis de 30 horas de música coas 20 actuacións previstas.

Galego

IV Festival Arte pola Igualdade

Iniciativa de colaboración entre o Centro de Educación Especial María Mariño e o Conservatorio Profesional de Música da Coruña para conmemorar o día das Letras Galegas que por, unha banda, lembra e homenaxe a Xosé Filgueira Valverde, autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas, e, por outra, dá a coñecer o traballo que se desenvolve nestes centros educativos, onde se demostra día a día que que a discapacidade física ou psíquica non é impedimento para desenvolver o potencial creativo e a sensibilidade artística.

Galego

Semana da Poesía Salvaxe

Regresa ás rúas de Ferrol a Semana de Poesía Salvaxe, que celebra neste 2015 a súa oitava edición, dedicada nesta ocasión á memoria do músico Germán Coppini. Durante tres días as rúas, prazas, mercados, pubs, tabernas e instalacións como o Ateneo de Ferrol encheranse de lecturas ao aire libre, actuacións musicais e recitais de poemas da man de destacados poetas e escritores.

Galego

Play-doc 2016

O Festival Internacional de Documentais de Tui regresa este ano cunha programación que inclúe 54 filmes, dez deles galegos.

A retrospectiva sobre o cineasta afroamericano Charles Burnett e a estrea do filme perdido do estadounidense Les Blank sobre o cantautor Leon Russell son algunhas das citas destacadas desta nova entrega do encontro, que ofrece un dos carteis máis diversos dos últimos anos e amplía a súa selección galega.

Máis información

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival