Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Primos Hermanos 2016

Compostela acolle a primeira xornada do festival Primos Hermanos 2016. Este intercambio musical entre Galicia e Asturias achegará a diferentes locais da capital o traballo de Fee Reega, Thee Operators, Rodrigo Cuevas, Bobkat´65 e Autotáan. Con posterioriadade, o 5 de marzo serán os galegos Diola, Os amigos dos músicos, Malandrómeda, Músculo e Lengorón os que visiten Oviedo.

 

Galego

Pórtico do Paraíso

O Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso trae a Ourense desde 2008 a solistas e grupos de excelente calidade de música culta, utilizando como sala de concertos lugares tan emblemáticos como a catedral de San Martiño, a igrexa de Santa María Nai, a igrexa de Santa Eufemia, o Liceo e o Teatro Principal. 

Galego

Boom! Film & Comic

Boom! Film & Comic é un festival da cultura pop no que se pode atopar o mellor da ciencia-ficción, dos comics, dos videoxogos e zombies!

Entre os eventos deste certame está 'Encontros na segunda fase', onde grandes profesionais do sector farán ao público partícipes da súa experiencia nunha micro-masterclass; ou 'Mis monstruos y yo', onde se poderá gozar da relación dalgunhas personaxes famosas cos seus propios monstros.

Galego

FIV 2015

Un ano máis aparece esta cita no calendario de festivais musicais no territorio galego.

Este ano en Vilalba o cartel recolle artistas como Sidonie, Delafé, Cycle, Niños Mutantes, Varry Brava, Novedades Carminha, Neuman, la M.O.D.A., eme DJ e Faber DJ.

Está habilitada unha zona de acampada preto do recinto feiral onde serán os concertos.

Galego

A Candeloria 2016

Trátase da terceira edición deste festival que acolle a música de Soziedad Alkoholika, El Ultimo Ke Zierre, Os Diplomáticos de Monte Alto, Zoo, Nao, Zënzar, Familia Caamagno, Aspencat, Narco, Habelas Hainas, Vendetta e Poetarras!. 

Ademais, o certame complétase, coma noutras ocasións, cun programa de actividades culturais.

Galego

Os Grandes do Gospel en Galicia

The Mississippi Mass Choir fúndase en 1988. O coro gañou varios premios polas súas contribucións á música Gospel e realizou numerosas xiras por Estados Unidos, Europa, Xapón e América Latina.
Na xira europea de 2014 Mississippi Mass Choir presenta o programa Oh Happy Day Tour, un concerto que conmemora 25 anos de entrega a unha tradición que sen eles non sería a mesma. Son un clásico do Nadal europeo, unha data e un grupo que os afeccionados ao gospel teñen marcado con lapis vermello no calendario de citas obrigadas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival