Carballo Interplay
Trátase dun festival de contidos dixitais no que as webseries son as protagonistas. De feito, foi un evento pioneiro ao organizar a primeira competición de webseries de España. Pero os seus contidos van máis alá da ficción seriada e buscan explorar as posibilidades de internet como medio para a narración, o humor máis transgresor, a non ficción, o patrimonio audiovisual dixital ou a performance interactiva, sempre co vídeo como base.

