Monolithic Fest
Monolithic Fest é un novo festival nado en Galicia,en 2016 , co desexo de promover e celebrar a música conectada co :
Stoner , Rock, Heavy, Psych, Metal , Hard Rock, Blues, Doom, Sludge...
Máis información aquí.

Monolithic Fest é un novo festival nado en Galicia,en 2016 , co desexo de promover e celebrar a música conectada co :
Stoner , Rock, Heavy, Psych, Metal , Hard Rock, Blues, Doom, Sludge...
Máis información aquí.
O Festival de Teatro Galego, FETEGA, chega este ano a súa XXVII edición sendo o festival máis antigo da comunidade e convertido nun referente da cultura e do teatro galego.
Igual que nas anteriores edicións, o festival celebraraseno Carballiño os días 6, 7, 8 e 9 de setembro cuns espectáculos pensados para tódolos públicos e grazas, un ano máis, a colaboración dos patrocinadores que volven ser: AGADIC, Xunta de Galicia, Empresa Montañesa, Concello de Carballiño, Deputación de Ourense e Fundación AISGE, aos que se suma nesta ocasión, Camisetas Manda Nabo.
A Fundación Araguaney-Ponte de Culturas e o Concello de Pontevedra organizarán no mes de setembro o ciclo de cinema árabe Amal en Ruta 2016, unha versión resumida da Semana de Cinema Euroárabe Amal celebrada o pasado mes de outubro en Santiago de Compostela. Poderanse ver catro películas de ficción e tres documentais, todas as cintas subtituladas ao castelán, do 7 ao 11 de setembro no Teatro Principal de Pontevedra ás 21:00 horas o mércores, xoves e venres, e unha dobre sesión o sábado e o domingo ás 19:30 e ás 21:00 horas.
Romaría e ruada con máis de 12 horas de música, mercado da semente e unha exposición artística.
O festival celebrarase ata as 23:00h, no conxunto histórico de Ribadavia en dous escenarios diferenciados, polos que pasarán nove bandas e nos que ademais haberá unha zona de mercado alternativo (Fanzines, banda deseñada, roupa..) e gastronomía (polbo, hamburguesas de tenreira galega e outros produtos típicos da zona).
A asociación cultural Minho Reggae organiza eventos que proclaman os principios do reggae, os valores, a convivencia, o coidado da natureza e o respecto. Un ambiente de cordialidade que se reflectiu en cada unha das actividades celebradas nas edicións do festival.
Máis información aquí
A primeira edición do Festival do Leite, organizada por Deleite Galego, será unha xornada de música para toda a familia, grandes e pequenos, coa que a organización quere salientar a importancia cultural e económica do leite para Galicia.
HerDanza é un festival de danza en claustros, rúas e espazos abertos de Santiago de Compostela.
Este festival procura a dinamización e promoción da danza contemporánea. Consiste principalmente en talleres, conversas e espectáculos ao aire libre.
O festival sucederá na semana do 5 ó 10 de Setembro , sendo os talleres formativos os días do 5 ó 9 de Setembro, e as exhibicións na rúa os días 9 e 10 de Setembro.
Máis información aquí.
WOS é un encontro de carácter anual que defende unha visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. Coa música como motor principal pero cunha clara vocación multidisciplinar, promove, a partir dun contexto íntimo, a procura e difusión de novas propostas culturais. Música, artes visuais, cinema, artes escénicas, coloquios, conferencias e gastronomía danse cita do 7 ao 11 de Setembro en diversos espazos emblemáticos de Santiago de Compostela.
O 9º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu desenvólvese do 10 ao 18 de setembro, coa proxección de máis de sesenta curtas e actividades paralelas como conferencias, obradoiros e roteiros.
Os pases principais terán lugar de sábado a venres ás 18, ás 20 e ás 22 horas no Centro Social do Mar de Bueu (Pontevedra), mentres que a gala de entrega dos premios celebrarase o sábado.
Máis información aquí
Unha proposta da Asociación Minho Reggae que traslada á rúa o traballo de bandas do xénero todos os venres desde o 22 de xullo ata o 26 de agosto.
Os concertos do Festival Reggae de Vigo teñen lugar no Paseo de Alfonso XII a partir das 22 horas.
Programa:
-22 xullo: Iyaman Pablo & Irie Vibes Band.
-29 de xullo: Goymamba
-5 agosto: Elephants Yard
-12 agosto: Natural Green
-19 agosto: Napalma
-26 agosto: Dj Negralha