Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Escenas do Cambio 2017

Escenas do Cambio. Festival de Teatro, Danza e Arte en Acción da Cidade da Cultura volve no 2017 con vinte e cinco espectáculos procedentes de 10 países diferentes. A terceira edición do festival terá lugar do 28 de xaneiro ao 15 de febreiro de 2017 e contará coa presenza de destacadas compañías galegas como Chévere, Matarile Teatro ou iLMaquinario.

Galego

Escenoia

Novo certame dedicado a este tipo de espectáculos en formato reducido. Son cinco comedias, duns 15 minutos de duración cada unha, todas condensadas nunha mesma tarde, as que abrirán o pano de Escenoia, un festival organizado por Borja Salgado e Luís Martínez, quen ademais estarán sobre o escenario interpretando algunhas montaxes.

Galego

Titiriberia. Olladas sobre os cristovos

Chega o primeiro festival da Península dedicado aos títeres tradicionais. Barriga Verde e os seus curmáns Robertos, Don Cristóbal ou Pericu atópanse nun evento que quere reivindicar este patrimonio cultural. Sete obras de teatro, unha exposicións e varios coloquios explorarán a vixencia e posibilidades destas formas escénicas. E todo aderezado, como é tradicional, cunhas boas doses de cachaporras, risos e historias. 

Galego

Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo

Terceira edición do Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo, un espazo para a divulgación e exhibición de curtametraxes documentais e de ficción, cunha temática relacionada co medio rural e coa recuperación da memoria material e inmaterial dos pobos do mundo.

Nesta edición participan arredor de 200 obras procendentes de países como España, Uganda, Italia, Arxentina, Luxemburgo, Venezuela, Reino Unido, Rusia, Noruega, Colombia, Francia, Brasil, Serbia, Suíza, Xeorxia, así como de Galicia.

Galego

Festival Rebulir

Volve este festival de música e baile tradicional que este ano incrementa considerablemente o número das súas actividades.

Ademais, o xurado do Premio Rebulir decidiu este ano outorgar ao grupo Leilía e a Marcos Pereira e Xosé A. Touriñán os galardóns de 2016.

Máis información, aquí.

Galego

Culturgal 2016

Volve Culturgal e nas datas habituais e, como non pode ser doutra forma, no mesmo espazo no que ao redor de 15.000 persoas danse cita anualmente na Feira das Industrias Culturais.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival