Setembro
Festival para descubrir Ferrol, a súa gastronomía e a súa paisaxe, e rematar a xornada gozando dos concertos de Sidonie, León Benavente, Eladio y Los Seres Queridos e Artabe.
Entrada de balde.
Máis información, aquí.

Festival para descubrir Ferrol, a súa gastronomía e a súa paisaxe, e rematar a xornada gozando dos concertos de Sidonie, León Benavente, Eladio y Los Seres Queridos e Artabe.
Entrada de balde.
Máis información, aquí.
Un festival pensado para todos e todas as seareiras deste xénero musical que conta con grupos afianzados no panorama musical galego como Raiba e Nao e dous grupos que comezan a súa andaina con moitas ganas de destacar como Oh Ayatollah! e Paranoi-k.
Despois do aprazamento en xuño por motivos meteorolóxicas, este festival permite gozar nesa fin de semana dun moi bo do rock galego no Parque de San Francisco.
Os concertos comezan a partir das 22:30h.
Venres: Oh Ayatollah! e Raiba.
Sábado: con Paranoi-k e Machina.
Festival das Núbebes é unha proposta que reúne unha selección de espectáculos das artes escénicas orientados especialmente aos bebés (de 0 a 6 anos) e as súas familias.
Desenvolverase en diferentes espazos da cidade de Pontevedra, Teatro principal, Casa Azul, Casa das Campás... e a entrada para a maioría dos espectáculos é de balde.
Festival de Artes Escénicas para bebés e familia 16, 17, 18, 23, 24 e 25 de setembro de 2016 Pontevedra.
Máis información e todo o programa por días aquí.
Dous días de festival con grupos de música galegos como A Familia Cagmano, Dakidarria, Leda Atómica ou os Ultraqans, ademais de sesións de Djs tras os concertos.
Todo o programa do festival aquí.
Do 20 ao 22 de outubro, a programación do Womex 2016 ofrecerá 50 espectáculos abertos ao público –45 concertos e cinco sesións de DJ– na capital de Galicia, con grupos e artistas procedentes de 40 países e de catro continentes. A Praza da Quintana, o Auditorio Abanca, o Teatro Principal e o Salón Teatro son os escenarios dunha programación que evidencia a calidade e a diversidade da oferta cultural que ofrecerá en Galicia o encontro profesional e artístico máis importante das músicas do mundo.
Potente descarga de enerxía con Golden Legacy, Black Smoke Dragon e Omadroma.
Unha cita en Ferrol con bandas de stoner e garaxe rock.
Máis información aquí.
O XV Titirideza chega este ano co curso escolar, polo que aproveitando esta coincidencia contará por primeira vez con funcións escolares.
A programación aspira, como en pasadas edicións, a mostrar unha pequena parte do infinito universo do teatro de marionetas. Desde diferentes puntos da península chegan propostas escénicas de temática variada e diferentes técnicas de manipulación; Xarop teatre, Alauda teatro, Tropos-La tirita de teatro, Títeres Alakrán e Viravolta títeres amosarán as súas producións buscando o desfrute e a fascinación do público.
O primeiro concerto terá lugar no Teatro Principal, o día 19, ao que lle seguirán cinco actuacións máis en diferentes puntos da cidade como a catedral de Santiago ou o Auditorio de Galicia.
Ademais este ano, seleccionáronse 13 artistas novos que participarán nesta sexta edición, dos cales catro actuarán coa Real Filharmonía de Galicia o último día do festival.
Todo o programa, aquí.
Tosta é un proxecto de colaboración entre axentes culturais de comunidades lingüísticas minorizadas do eixo Atlántico de Europa.Combina a promoción da creación artística, a celebración da diversidade lingüística e cultural, a xestión equilibrada das linguas nun proxecto internacional e unha estratexia comunicativa innovadora.