Brigitte Lesne
Brigitte Lesne é toda unha lenda da música antiga, á que lle dedicou toda a vida. É unha das maiores especialistas en música medieval do mundo e toda unha referencia na súa interpretación. Brigitte ofrece recitais en solitario ou formando dúos ou tríos nos que, ademais de cantar, toca a arpa e fai percusións. Tamén canta no seu grupo de voces femininas Discantus, dedicado á interpretación de música sacra vocal máis temperá e que ela mesma fundou a principios dos anos 90.

