Give it a spin
É a proposta de Pisando Ovos para espazos non convencionais na que música e movemento, desde os seus estados máis puros, atópanse a través do diálogo entre un DJ e unha bailarina.
Unha conversación baseada no darlle unha volta, no xiro continuo, na repetición e transformación do movemento e do son. Un encontro onde os corpos sopórtanse e resisten baixo a forma dun abrazo continuo.
Para a ocasión contamos coa colaboración especial do DJ Jas Processor.

