Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

María e Jorge: Picadiscos Marifaltri

María Faltri é un dos novos nomes de referencia dentro da música infantil galega, a vocalista da Banda dos Abrazos de Magín Blanco chega agora cun espectáculo orixinal e sorprendente: Unha picadiscos de música infantil. Durante o seu espectáculo María brindaralle aos nenos e nenas unha elección da mellor música infantil galega para que non deixen de cantar e bailar.

Galego

Carman, antes é mellor

Carman, antes é mellor é unha comedia rueira, un divertido espectáculo para todos os públicos no que un coche icónico na mobilidade cobra vida e terminará por conducir sen condutor nunha rutina musical e circense que pode levalos a Eurovisión.

Adaptable a moitos espazos escénicos pode ser representado en prazas, parques, parquins, cruces, carpas, etc, está considerado un espectáculo de circo, clown e a manipulación de obxectos, convertendo a este coche en case unha marioneta.

Galego

Carlos Blanco, os mellores monólogos

Dificil escoller pero Carlos Blanco decide revisar algúns dos seus máis coñecidos monólogos.
As bravas de Arousa (Queres Kiwis), A dobraxe porno, Galizara, As grandes frases das nosas avoas e avós...
70 minutos de risas garantidas, porque Carlos introduce ademais cada noite elementos de actualidade e improvisación.
Carlos adapta, xoga, fai jazz coa palabra e resulta imprescindible nestes tempos onde a risa é algo máis que terapéutica.
O mellor do mellor.
Os monólogos escollidos de Carlos Blanco.

Galego

Cántigas da Terra

Cantigas dá Terra conmemora co seu público os seus primeiros rexistros sonoros que fixo en 1921. O coro coruñés, a través deste espectáculo, reflexiona sobre si mesmo e sobre o seu desenvolvemento ao longo dos anos. para iso, ademais de contar con todo o elenco da entidade (Coro, Grupo de Gaitas, Grupo de Teatro e Corpo de Baile), poderemos escoitar de novo, no formato orixinal, aquellasl primeiras gravacións de 1921.

Galego

Donaire: Adonáirate meu ben!

Realizaremos unha pequena mostra de como era a vida no século XIX e comezos do XX no rural galego, pasando polos diferentes ciclos do ano e tamén da vida (cantos e bailes de matrimonio, nanas, de arriero?).

Houbo un momento no que o tempo non custaba diñeiro, custaba só o traballo ben feito, o labor útil, ou o froito que daba a terra ben tratada. Os oficios e traballos, pegados á terra, eran unha filosofía de vida, marcas de pertenza á comunidade, eran a vida mesma que sempre ía acompañada de música.

Galego

Pakolas: Cores, contos e rock and roll

Pakolas: Cores, contos e rock and roll chega da man de Pakolas como un espectáculo de pequeno formato onde a interacción coas nenas e nenos, a súa música acompañada por contos e historias, e as cores e debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o público. Esta proposta multidisciplinar crea así unha escena na que non so se pode gozar da música, senón tamén do debuxo e as cores que a rodean. Un espectáculo para todos os sentidos.

Galego

María e Jorge: Fantasía coas palabras

Fantasía coas palabras é o primeiro libro disco de María Faltri e Jorge Juncal. Unha proposta para aprender o abecedario dunha maneira orixinal e divertida. Jorge Juncal é músico con anos de experiencia como acordeonista en diversos grupos folk do país: Anubía, Macfeck, Faltriqueira ou Beladona. María López é compoñente do grupo vocal Faltriqueira, formación que leva mais de 15 anos percorrendo escenarios nacionais e internacionais. Ambos músicos forman parte da escena infantil musical e teatral dende hai máis de 5 anos.

Galego

Canta miña pedra, canta

“Canta miña pedra canta”, un espectáculo familiar dirixido a nenos e nenas de 5 a 12 anos que levarán adiante o músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita, baixo xestión da Editorial Galaxia. Xoán Curiel volve ao Falaredes acompañado nesta ocasión da narradora e contadora Charo Pita. A actividade vira ao redor dos relatos populares galegos e de cancións que don Antonio Fraguas, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, recolleu nas súas Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade.

Galego

Ópera Break's: Vella escola

Ópera Break´s é un espectáculo que mestura Ópera, Breakdance, Beatbox e Dj nunha única función de gran calidade artística que brota da conexión da soprano Esperanza Mara e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola. Contan unha historia a través da expresión musical e corporal. Rompen as barreiras do clásico e do urbano, fusionándose nun espectáculo multidisciplinar onde o inimaxinable pode suceder… Atréveste a liberar a túa mente de preconceptos?.

 

Galego

Papabuis: A Linguaxe Esquecida

Papabuis comeza unha viaxe que é unha promesa familiar. Percorrer “O camiño de Santiago”. Nel vivirá catro aventuras nas que descubrirá as claves para atopar un tesouro agochado no mesmo corazón das persoas: a linguaxe universal a través da cal todas e todos podemos conectarnos e crecer como comunidade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo