Festaclown: O enfermo imaxinario
En 2021, o Taller de Teatro Clámide celebra o seu 40 aniversario, con diferentes actividades e publicacións. Clámide preséntanos unha versión moi particular de O Enfermo Imaxinario, comedia francesa en tres actos, escrita polo dramaturgo francés Moliere e estreada en 1673. Un pai hipocondríaco crese moi enfermo e quere casar a súa filla cun médico, mais a criada, en complicidade co irmán do pai, artellarán un complicado e divertido plan para impedilo.

