The Witch, un espectáculo ritual
A Bruxa é unha invocación aos elementos. Unha palabra máxica. Un lanzamento. Un espectáculo ritual que convida o público a vivilo.
No interior, Ela-Actress, Ela-Menciñeira e Ela-Witch entrelazan as súas historias a través da palabra, a imaxe e a acción para terminar nun baile catártico que os levará á fogueira (ou non). Pois as tres son unha. E unha son as tres.
A Inquisición observa, pero neste ritual, o público é soberano.

