Ultrasónica
Ultrasónica é o novo espectáculo da nosa compañía. Realizado integramente no período de confinamento, pretende ser un obxecto de entretemento para toda a familia. Ultrasónica e un experimento que mistura a ciencia ficción coas sombras chinesas na que unha rapaza, do ano 2421, chamada Carolina Ultrasónica e o seu amigo alieníxena Pin viaxan xuntos polo espazo tendo mil aventuras. Nesta ocasión a sua misión será recuperar a fonte de enerxía vital para a Terra que o malvado interespacial Román Rodas Tolas roubou en Nova Compostela.

