Suspensión - Nueveuno
Vemos en escena a cinco homes. Son normais, están subidos nun escenario. Cada un distinto e todos iguais. Cóidanse, empúrranse e celebran xuntos. Están a lanzar coitelos contra a súa propia sombra, mirando para si, movendo os focos para iluminar espazos distintos, mostrando a súa intimidade, e espíndose para escoitar. Homes que se cuestionan constantemente, pero se deleitan na súa propia identidade… son, á fin e ao cabo, cinco homes.Suspensión é un espectáculo chamado a transmitir. É unha proposta de circo contemporáneo na que nos gustaría que o público se poida ver e emocionar.

