Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Esenciais 20/50

Mostra escénica coa participación da músicos Alba María, Chefa Alonso, Wöyza, a banda interxeracional Deteriorados, a poeta Eva Veiga, alumnos do IES As Lagoas e as experiencias vitais de Dosia González Gómez, Maruxa Lorenzo Selas, Chefa Alonso, Xaime Fandiño e José Piñeiro.

Galego

Europa entre catro paredes

A biblioteca cede o espazo para a presentación pública da lectura dramatizada “Europa entre catro paredes”. Un proxecto de difusión de dramaturxia contemporánea coa tradución ao galego dos textos Idus, de Vanesa Sotelo (Galicia); Engordiño, de Deborah Pearson (Reino Unido); O mundo exterior dimo todo, de Maxi Obexer (Italia/Austria); Gaiola, de Julia Holewinska e A voz humana, de Ricardo Correia. 

Galego

Frida: La niña que quería pintar

A pequena Magdalena, está enferma na cama, por culpa da polio. Ela quere ser médica para curar aos nenos e as nenas coma ela. Sintese moi soa, de xeito que, coa súa imaxinación, creará unha amiga imaxinaría chamada Frida que lle ensinará, a fará comprender e querer o ARTE. “FRIDA: LA NIÑA QUE QUERÍA PINTAR” é unha creación de danza-teatro que xunto cos audiovisuais e espazos sonoros, lle dará forma o mundo tan característico de Frida Khalo.

Galego

Lixo

Sempre a correr chegan PLié e Relevé ó teatro para mostrar a súa gran coreografía. Mergullarémonos nun mundo de plásticos, luces, sonoridade e movemento. As dúas protagonistas, unhas bailadeiras moi peculiares, vivirán unha aventura na que teñen que “crear cultura a partir da varredura”.

Comunícanse con pareados, móvense con pasos de ballet inventados por elas mesmas e axúdanse das luces para crear diferentes atmosferas ó longo do espectáculo, dando así ritmo e rima á obra.

Galego

Extra!, de Paco Nogueiras

O festival Por amor á palabra presenta o espectáculo Extra!, o xornal musical de Paco Nogueiras. A actualidade convértese en melodía e canción neste xornal musical cheo de ritmo, bo humor e diversión para toda a familia: información de todas as temáticas, opinión, pasatempos... noticias que entran polos ollos, as mans e as orellas!

Galego

Memorias dun ser humano disperso

Espectáculo cómico-musical, cabaret absurdo protagonizado por un personaxe desubicado, disfuncional e un pouquiño esquizofrénico, que desexa escapar dun mundo que non comprende e no que non é comprendido a un lugar afastado e diferente onde por fin poderá ser feliz. Existirá tal paraíso? 
«Monólogo ao que asoman o showman de cabaret, o clown triste, o perdedor, o bufón que lle canta as corenta á sociedade submisa, o tolo e o soñador»

Galego

Carlos Latre

Carlos Latre volve aos escenarios e faio ao grande!

Tras a súa última xira 15 anos non é nada, e despois de 5 anos, o mellor imitador de España volve aos teatros.

ONE MAN SHOW é un repaso a toda a actualidade do país. A política, sociedade, cultura, deporte, televisión, modas, tendencias, Internet, a pandemia e o Covid TODO NUN ESPECTÁCULO ÚNICO!

80 minutos de personaxes, imitacións, sketches, cancións, parodias e o mellor humor LATRE.

O mellor repaso ao que pasa no noso país, todas as súas voces e máis risas que nunca nun espectáculo inimitable.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo