Leonardo e os biosbardos
Leonardo, no seu intento por integrarse e adaptarse a Auria fará por superar as robas que a cuadrilla da Roncolla lle obriga a realizar para formar parte da mesma.
Entretanto debe tamén coidar de pecharlle ás galiñas pola noite, porque están a desaparecer misteriosamente e é que na súa granxa outro drama se está a cocer… os raposos teñen atemorizados aos habitantes do galiñeiro cos temibles Biosbardos. A cambio da protección esixen a súa comida preferida: ovos de galiña.

