Pinxit
Partindo da cor, a materia e o son, Pinxit mostra o proceso de creación dun artista; un traballo de experimentación nos límites da plasticidad e dos novos medios e métodos da arte.
Pinxit é un espectáculo visual e sonoro que propón un achegamento entre arte e primeira infancia a través da creación dun universo poético conxunto; un espazo compartido e libre que abra ao neno as portas da sensibilidade estética e a reflexión; da capacidade de emocionarse e comprender diferentes visións e realidades do mundo.

