Extra!
Extra! é o “xornal musical” que Paco Nogueiras ideou para compartir con todas e todos vós. Un xornal que convida a conectar co mundo e transformar a realidade en canción. Quen dixo que non se poden cantar as noticias? E bailalas? En Extra! pódese. E cantos máis sexamos, moito mellor.
No salón de actos. Dirixido a nenas e nenos de todas as idades. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

