Diva
En Diva, a artista Maria Calas áchase no ocaso da súa vida. Reside en París afastada de todo. A súa voz é só unha sombra do que foi. A crítica cebouse con ela nas súas últimas aparicións e non volveu a cantar en público. A realidade da súa decadencia faille aferrarse a un mundo de recordos. Desdeña o presente, pero convence ao seu repetidor Ferruccio para que a acompañe nun imaxinario repertorio que xa non poderá realizar. Por momentos confúndeo con Onassis, o seu gran amor, que a abandonou por Jackie Kennedy. No seu delirio xorde a nostalxia dos momentos máis apaixonados e estelares.

