Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Afiando con humor

Sergio Pazos estrea unha nova proposta na que afía o humor do país partindo dunha das nosas principais iconas: o afiador. Quen sabe máis do mundo que aqueles que viaxan por el? O actor aproveita que vén de Ourense, coñecida como a “terra da chispa” por ser terra de afiadores, e métese na pel dun deles para contarlle á xente quen son, de onde veñen e onde van estas persoas que sempre percorreron o mundo contando historias do que vían, do que vivían e do que escoitaban. Iso si, con humor galego, retranca e relatos moi nosos.

Galego

A Corda

Como unha cometa sen fío, dende o humor e o circo, esta pallasa fala soa, contéstase, vai e vén porque non atopa o seu lugar. Acompañada pola súa fiel bañeira, a que a fai soñar e reafirmar, que os tolos, non son tan tolos. Que a loucura, cúrao!

Galego

O mundo de Martiña

Martiña é unha nena moi curiosa. Non entende por que as súas opinións son menos importantes que as dos adultos, nin por que ten que calar e obedecer sen razón aparente, non entende por que os nenos visten ou xogan de xeito diferente ás nenas, non sabe cales son os pensamentos impuros, nin tan sequera que é o pecado exactamente. Co tempo, descubrirá que se trataba de ir mudando en muller. 

Galego

Denny Horror

O cómico, guionista, monologuista Denny Horror chegará a Vigo o Sábado 8 de Maio co seu show de Caseta Up. A cita terá lugar na Sala Urban Market Mahou de Vigo.

Denny Horror, o cómico detrás de practicamente todos os guións dos programas de humor do momento: Latexa Motiv, A resistencia, Comedy Central. O mellor representante do humor negro da comedia. Brillante, hilarante, ácido, mordaz.

Galego

Espectáculo 'Jazzliza: a nosa voz de sempre nas nosas voces de hoxe. De Afonso X a Xela Arias'

O  espectáculo 'Jazzliza: a nosa voz de sempre nas nosas voces de hoxe. De Afonso X a Xela Arias', apoiado pola Xunta de Galicia no marco da programación conmemorativa Letras Galegas 2021 canda outras institucións, celebrarase o vindeiro xoves 6 de maio, ás 20,00h., no Teatro Colón da Coruña.

Galego

Festival TerraCeo: Leo Harlem

Deja que te cuente é o último espectáculo de Leo Harlem no que fai un percorrido polos mellores monólogos de toda a súa traxectoria.

Desde os metrosexuales ás cidades españolas, o humorista trata temas tan cotiáns como a noite, a cociña moderna, os bares, as redes sociais ou as festas de pobo.

Durante os 90 minutos que durará o espectáculo, o público rirá a gargalladas escoitando os textos máis hilarantes do cómico, nunha compilación preparada para triunfar: un espectáculo ao máis puro estilo Leo Harlem.

Galego

E as ideas voan

E as ideas voan é un espectáculo fresco onde poucos obxectos teñen moito protagonismo e pequenos descubrimentos crecen ata converterse en escenas divertidas, fantásticas, cheas de complicidade. Un espectáculo de circo onde o xogo, a colaboración co público, a luz e a música enlázanse para que cada función resulte unha experiencia diferente.

Galego

Emilia Pardo Bazán, unha mente poderosa

Faladoiro “Emilia Pardo Bazán, unha mente poderosa” que estará a cargo da escritora María Canosa e baseado no seu libro de mesmo título. María Canosa realizará un breve percorrido pola vida de Emilia Pardo Bazán, muller con mente ávida de ideas e coñecemento. Unha muller que se forxou a si mesma e que tivo que enfrontarse aos atrancos da sociedade machista do seu tempo.

Galego

Derriba da lúa

Derriba da lúa é un espectáculo-obradoiro de narración oral e música, de recente creación, para familias con nenos de 0 a 3 anos. Queremos arrolar, contar, cantar e xogar xuntas para soñar e medrar libres coma paxaros, de candeloria a candeloria.

Antes do principio do todo había a nada. Despois chegou o vento que moveu a nada. Co movemento saltaron tres chispas: A primeira apagouse e naceu a Lúa A segunda quedou acesa e naceu o Sol A terceira comezou a xirar e naceu a Terra Na terra hai un carballo\No carballo hai un niño No niño hai unha merla que choca tres ovos...

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo