Emilia Pardo Bazán, unha mente poderosa
Faladoiro “Emilia Pardo Bazán, unha mente poderosa” que estará a cargo da escritora María Canosa e baseado no seu libro de mesmo título. María Canosa realizará un breve percorrido pola vida de Emilia Pardo Bazán, muller con mente ávida de ideas e coñecemento. Unha muller que se forxou a si mesma e que tivo que enfrontarse aos atrancos da sociedade machista do seu tempo.

