Senlleiras
Faladoiro no que se reflexionará acerca do machismo e da violencia de xénero, poñendo especial fincapé na violencia psicolóxica, esa, por desgraza, aínda gran descoñecida. Como se pode saber se unha muller é maltratada se non hai marcas na súa pel? Machismo, sexismo, maltrato...chegaremos a erradicalos algún día?
No salón de actos. Para maiores de 16 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.
Actividade realizada no marco do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22

