Conferencia/Mesa redonda

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Senlleiras. Faladoiro

Lugar: salón de actos

Con Antía Yáñez

É necesario apuntarse, por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario que atoparedes na páxina web.

Faladoiro arredor do machismo e da violencia de xénero, poñendo especial fincapé na viiolencia psicolóxica

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.

Galego

Conferencia: Vida de músico na Galiza medieval

Conferencia impartida por Francisco Luengo, músico y luthier.

A música sempre foi un elemento destacado nos ámbitos da peregrinación e da relixiosidade; os músicos, os compositores, os instrumentos, os luthiers, as sonoridades e por iso resulta atractivo documentar o proceso de investigación feito en relación ás réplicas dos instrumentos musicais medievais expostos no Museo.

Necesaria inscrición para actividades no correo reservas.mdperegrinacions@xunta.gal

Galego

A cor das palabras: Sonia García López

Na súa visita a NUMAX a profesora da Universidade Carlos III de Madrid, Sonia García López, explorará as relacións entre a Escola Oficial de Cinematografía (EOC) e a censura cinematográfica durante a ditadura franquista. Fundada en 1947, a Escola Oficial de Cinema foi, durante a maior parte dos seus case 30 anos de vida, un oasis no que se vía, ensinaba e facía un tipo de cinema impensable nas pantallas españolas. Porén, durante os últimos anos da ditadura, os estudantes da Escola víronse sometidos a un acoso que rematou por truncar a carreira profesional de moitos deles.

Galego

En torno a Pagliacci e a soprano Ofelia Nieto

Cúmprense cen anos dunha das actuacións memorables da insigne soprano galega Ofelia Nieto no Teatro Real madrileño, encarnando á Nedda da ópera Pagliacci. Amigos da Ópera lembra agora esta efeméride e rende homenaxe á cantante coa programación da ópera de Leoncavallo, que se estrea o día 24. Uns días antes, o profesor de canto Antón De Santiago, biógrafo da Nieto, fálanos sobre esta obra mestra do teatro lírico e da súa relación con Ofelia Nieto.

Galego

G-Night: Ciencia no bar

Convidámoste a tomar algo mentres gozas das charlas divulgativas dalgúns dos nosos investigadores e investigadoras. O programa é o seguinte:

“Conservación de arte urbano. Recientes investigación”, Iago Pozo

“Por que comemos tan ben nas Rías Baixas?”, Esperanza Broullón

“Dielselgate”, Raquel Orozco

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Conferencia/Mesa redonda