Concerto

Cantamos un conto?
Tres músicos versionan contos clásicos reconvertidos en divertidas cancións cun aire de rock e blues en lingua galega para que os máis cativos as canten con eles, gozando de momentos moi especiais.
Cantarase e bailase con "Xan sen Medo", "Os Tres Porquiños", "O gato Kiriko" e algún outro entre xogos musicais e moitas sorpresas.
Las Antonias
Destripan boleros, tangos e outras delicias fundindo as súas voces entre guitarra, vasoiriñas, melódica e un fagot atopado. Introdúcennos con histriónico pracer no seu mundo Antoñil para facernos sentir e saber que todos somos Antonias e Antonios. Comulgando sen reparos, transmitindo nutrientes, filtrando substancias nocivas e fabricando hormonas a ritmo dunha escena obscenamente risueña.
A Roda da igualdade: ela e eles
O coñecido grupo A Roda únese a Najla Shami e a Lucía Pérez nun concerto que revisa a canción popular galega para amosarnos que as letras dos temas tradicionais galegos non teñen por que ser sexistas. Ao contrario, deben dar exemplo e mostrar que estamos ante un novo imaxinario e un novo discurso: o da igualdade.
Actividade de sensibilización da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia que se desenvolve no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
RFG: Concierto en San Martiño Pinario
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Iglesia de San Martín Pinario
Venres, 19 Xullo, 2019 - 21:00 h
Director: Maximino Zumalave
J. S. Bach: Suite nº 3 en Re M, BWV 1068 S. Barber: AdagioL. v. Beethoven: Sinfonía nº 7 en La M, op. 92
+Info
Conciertos de flamenco
Concertos de flamenco na Sala Riquela durante toda a temporada estival.
Programa:
TACÓN GITANO FLAMENCO:
Xuño: xov 20
Xullo: mer 10, mar 16 e mer 31
Agosto: mer 7, mer 14, mer 21 e mer 28
Setembro: mer 4 e mer 11
DOS BALAZOS SONARON:
Xuño: dom 30
Xullo: dom 7, dom 14, dom 21 e dom 28
Agosto: dom 4, dom 11, dom 18 e dom 25
Setembro: dom 1, dom 8, dom 15, dom 22 e dom 29
Concerto de Cristóbal Schulkin
Cedemos o salón de actos a Cristóbal Schulkin para a realización dun concerto no que o guitarrista fai un percorrido musical pola guitarra académica/popular arxentina, con obras de compositores actuais.
Nunha segunda parte mostra un repertorio de músicas de forte influencia étnico folclórica de diferentes países (EEUU, India, Turquía) sempre desde a linguaxe musical da guitarra clásica.
O intérprete comenta as obras e sitúa aos compositores no seu contexto para dar a coñecer a música ao público.
Programa completo do concerto:
Habitación Vudú
Falar dos irmáns Freiría, Justo e Jose, é falar de música. Os seus inicios remontánse á súa xuventude, cando pasaban as tardes tocando xuntos. O tempo vai pasando, as ideas xurdindo, e coa chegada de Rubén, un amigo baxista, consolídase o núcleo do que será Habitación Vudú. Son varias as formacións coas que se busca un estilo e un son propio, pero coa particularidade de conservar sempre o núcleo da banda.
Día da Música 2019: 'Os Resentidos' na Cidade da Cultura
Con máis de 30 anos de carreira musical, a xa mítica banda galega aterra na Praza Central do Gaiás para rememorar clásicos como Fai un sol de carallo ou Economía Sumerxida e celebrar o Día da Música.
+Info
'Serán'02. II Encontro Galego de Cultura Popular'
Baixo a dirección artística de Quique Peón, o Serán’02 terá lugar o 28, 29 e 30 de xuño e incluirá concertos de bandas tanto galegas como de fora de Galicia, así como de agrupacións infantís. Obradoiros para nenos, master classes, obradoiros de baile, conferencias, unha exposición de instrumentos antigos e un gran baile na Praza Central do Gaiás completarán o programa desta nova entrega que se desenvolverá en distintos espazos do complexo, incluíndo o Auditorio ao aire libre do Xardín do Teatro, que se atopa a punto de finalizar as súas obras.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 601
- 602
- 603
- 604
- 605
- 606
- 607
- 608
- 609
- …
- seguinte ›
- última »