'Los Bengala en directo + DJ Manuele Caamagno. noitiNHas 2019'
A azotea do Hotel NH Collection Santiago volve ofrecer música e petiscos gourmet na súa entrega de 2019. As citas serán coma sempre de balde trala recollida previa de convites a partir das 19:30h cada un dos días de actuación na recepción do hotel. As veladas comezarán cunha sesión musical a cargo dun DJ local e proseguirán con actuacións en directo a partir das 21h de destacados artistas do panorama musical nacional e internacional.

