Clásica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Marco Beasley & friends

O poliédrico tenor italiano preséntase nesta ocasión para Espazos Sonoros acompañado polos laudistas Fabio Accurso e Stefano Rocco, dous dos fundadores, xunto con el mesmo e Guido Morini, do conxunto Accordone, para interpretar un programa que percorre varios séculos da música italiana, tomando como punto de partida e chegada o sur de Italia, punto de encontro e de mestura de culturas ao longo dos tempos.

Galego

Doa

O programa do concerto para Espazos Sonoros xira arredor do último traballo de Doa, A fronda dos cervos, disco que acadouo Premio Opinión ao Mellor Disco de Música Folk 2011 e outros recoñecementos e excelentes críticas nos medios galegos, europeos e mesmo nos EUA, xunto a unha escolma de traballos anteriores do grupo.

Galego

Oh, María!

Mercedes Hernández e Fernando Reyes son membros integrantes e fundadores do grupo Resonet, unha das formacións galegas máis recoñecidas internacionalmente dentro do mundo da música antiga, con máis de vinte anos de traxectoria, unha ampla produción discográfica e concertos nos máis prestixiosos festivais de toda Europa. 

Galego

Real Filharmonía de Galicia

Anton Bruckner consideraba a sexta como a súa sinfonía máis atrevida. A pesar da habitual opinión do crítico máis feroz da súa obra, Eduard Hanslick, esta sinfonía desempeña un papel fundamental na construción do monumental edificio sinfónico dun orixinal autor moi seguro da súa capacidade
artística. Como complemento ideal escoitaremos os Wesendonck Lieder, un ciclo de cinco cancións composto por Richard Wagner a partir dunha escolma dos poemas de Mathilde Wesendonck, a dona dun dos mecenas e amigo do amado mestre de Bruckner.

Galego

Real Filharmonía de Galicia

Cando se cumpría o segundo centenario do nacemento de Mozart o ecléctico compositor parisiense Jaques Ibert recibiu a encarga dunha homenaxe orquestral ao mestre de Salzburgo. A pesar de que xa se percibe o particular carácter do xenio de Beethoven, o seu primeiro concerto para piano amosa a asimilación dos estilos de Haydn e Mozart.
FABIEN
GABEL Director
BEATRICE
RANA Piano

Galego

Real Filharmonía de Galicia

O programa arrinca cunha breve sinfonía de Julián Bautista, avantaxado alumno de Conrado del Campo autoexiliado en Arxentina nos anos corenta do pasado século repetidamente galardoado polos seus traballos musicais cinematográficos. No ciclo de canción Das Marienleben, Hindemith narra
en quince poemas a vida da Virxe María. Quince anos contaba tan só o precoz Felix Mendelssohn cando compuxo a súa primeira sinfonía.

SERGIO
ALAPONT Director
PAULA
MURRIHY Soprano

Galego

Real Filharmonía de Galicia

Paixón polo Clasicismo vienés para abrir o Festival de Músicas Contemplativas: Haydn, Beethoven e as variacións que Haydn inspirou a Brahms. Como contraste e complemento as heteroxéneas Humoresques de Sibelius: seis pezas que adoitan ser interpretadas a xeito de suite, algunhas baseadas
en danzas como a gavota e a mazurca, e que amosan unha faciana distinta dun dos destacados protagonistas desta temporada, o finés Jean Sibelius.

ANDREW
GOURLAY Director
ALINA
POGOSTKINA Violín

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Clásica