Real Filharmonía de Galicia
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
MAXIMINO ZUMALAVE Director

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
MAXIMINO ZUMALAVE Director
Melina Duttge (violín) e Goretti Domínguez (piano) decidiron viaxar a Europa Central para estudar na Academia de Artes Escénicas de Praga cunha bolsa “Erasmus”. Aquí formaron un dúo de música de cámara recibindo clases do violinista Iván Strauss. Melina é alemá –de Hamburgo- e Goretti española –de Pontevedra- e xuntas decidiron montar un programa de concertos con obras dos tres países, para o que elixiron os compositores checos Dvorak e Smetana, o alemán Beethoven e o español Joaquín Turina.
Programa
A Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección do mestre Maximino Zumalave, acompañará a sete solistas nunha oportunidade única de escoitar as nosas promesas da música clásica máis destacadas.
Actividade gratuíta
A Cidade da Cultura abre as súas portas a todo o público para albergar outro encontro de música clásica, no que se interpretarán grandes obras mestras.
Actividade gratuíta
Nun escenario único e incomparable no mundo, os doce talentos invitados a este IV Festival de Músicos Peregrinos poderán gozar e compartir a súa excelencia dentro do apaixonante mundo da música clásica.
Actividade gratuíta
As novas e novos prodixios musicais de Galicia comparten escenario coas novas estrelas rusas procedentes das prestixiosas fundacións de música clásica Rostropóvic e Spivákov. Os músicos participantes no festival contan as súas experiencias musicais e as súas vivencias durante o transcurso dos concertos, ademais de interpretar algunha obra mestra.
Actividade gratuíta
O Festival Internacional Peregrinos Musicais está adicado á promoción dos novos talentos musicais galegos e rusos, a través da organización de diversos concertos e encontros líricos repartidos por diferentes localizacións da cidade de Santiago de Compostela, o lugar que marca o punto e final do Camiño de Santiago e centro de reunión de miles de peregrinos desde hai centos de anos.
Actividade gratuíta
Programa:
Olivier Messiaen
Hymne
Jean Sibelius
Tapiola, op. 112
Ludwig van Beethoven
Sinfonía núm. 5 en do menor, op. 67
Arnold Schoenberg xoga ao límite coa atonalidade en Noite transfigurada, unha obra inspirada nun poderoso poema de Richard Dehmel no que un home e unha muller camiñan pola noite por un escuro bosque cando a muller conta ao seu amante o seu secreto máis sombrío… Para a que sería a súa última obra orquestral, Brahms escolleu a inusual forma dun dobre concerto para violín e cello, unha páxina menos interpretada que outros concertos do compositor ao requirir dous solistas de contrastada calidade.
O tenor Francisco Corujo abre o ciclo 'Outras voces, outro ámbitos'. Este artista é un dos máis novos e interesantes tenores españois na actualidade.
Despois de cantar A traviata na Fenice de Venecia, Corujo interpreta aquí unha selección de cancións de Tosi extraídas da súa máis recente gravación, Songs of Paolo Tosi, un CD que obtivo un grande éxito en Italia. Dedica a segunda parte do concerto á musica vocal de Latinoamérica.