Santa Cristina in musica, un diálogo musical na Ribeira Sacra
Ferrarese: historias dunha tiorba e a súa cidade

Ferrarese: historias dunha tiorba e a súa cidade
Música contemplativa de canto gregoriano dramatizado
Concerto de Xoan Curiel. Trío «Treides comigo»
Todos os públicos
Entrada libre ata completar capacidade
Unha renovada viaxe musical ás cantigas da lírica galego - portuguesa e aos trobadores medievais dos Camiños de Santiago.
Xoan Curiel - voz e guitarras
Bleuenn Le Friec - arpa
Alex Salgueiro - frautas
O grupo Resonet ofrecerá un concerto de música antiga “As músicas de Santiago”.
Necesaria inscrición para actividades no correo: reservas.mdperegrinacions@xunta.gal
Kebyart Ensemble é un dos cuartetos de saxofón máis prometedores da actualidade española. Creado na ESMUC no 2014, Kebyart Ensemble inspírase na riqueza tímbrica, rítmica e estilística da música tradicional de Indonesia e doutras músicas orientais.
O ciclo “El Primer Palau”, o Concurso Permanente de Xuventudes Musicais, o Concurso Internacional de Música de Cámara Higini Anglès ou o Premio de Música de Cámara Montserrat Alavedra–BBVA son algúns dos galardóns que avalan a súa enerxética traxectoria.
Coa súa natural frescura, a medio camiño entre as esferas do “popular” e do “académico”, o cantante e laudista arxentino Jonatan Alvarado preséntanos un conxunto de cancións de orixes diversas, unidas por sutís fíos narrativos, poéticos e musicais. Cancións organizadas en cinco grupos temáticos que se alternan como os paneis brillantes e refinados dun retablo renacentista. Entre estas orixes destaca o Codex Zuola, un manuscrito colonial barroco descuberto no primeiro terzo do século XX.
500 nenos e nenas dos conservatorios de música profesional de Galicia cantarán alalás en Betanzos o vindeiro 1 de xuño. Esta edición non escolle poemas de ilustres figuras da literatura galega senón que presta atención a unha temática de tradición popular como son os alalás. Trátase dun tipo de canto popular que carece dunha definición estrita e que ten unha gran presenza na nosa tradición musical. Caracterízase por ser unha peza de canto libre, sen estrutura fixa que tivo moita forza na tradición galeguista como canto melancólico do serán vencellado en moitos casos á xente moza.
Xoan Curiel presenta un espectáculo, no que as cantigas de Martín Códax, e outras poesías de autores galegos clásicos e contemporáneos, son musicadas e cantadas polo artista, facendo un percorrido dende estas cantigas ata chegar ao cantautor ou trobador contemporáneo.
Este concerto forma parte da programación de Ler conta moito, da Rede Galega de Bibliotecas de Galicia.
O Coro de Cámara Rías Baixas é o encargado de pór o peche ao Ciclo de música relixiosa Barcia de Mera 2017 cunha actuación que ten non seu repertorio a Pourcell e Fauré.
O Ciclo de música relixiosa de Barcia de Mera ofrece entre os meses de abril e de setembro un total de seis concertos. Recoñecidos músicos e formacións participan na programación deste ano, que se desenvolve na igrexa barroca de San Martiño do concello pontevedrés de Covelo co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e baixo a dirección artística de Nieves García-Soto.
Concerto deste coro de cámara especializado en pezas do Barroco e do Renacemento. Nesta ocasión, na súa segunda actuación para o Ciclo de música relixiosa Barcia de Mera o repertorio subscríbise a 'Música para Magdalena'.