Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Lecturas multiculturais

O Día Mundial da Diversidade Cultural foi instaurado polas Nacións Unidas no ano 2002 e celébrase cada 21 de maio coa finalidade de concienciar á poboación mundial sobre a riqueza e valor que representan as diferentes culturas para a liberdade, o desenvolvemento social e a paz. A Biblioteca Pública de Pontevedra como portal de acceso a unha sociedade cultural diversa súmase a esta celebración cunha mostra de lecturas multiculturais da que se poderá gozar desde o 20 de maio ao 10 de xuño no 2º andar.

 

 

Galego

Cita ás cegas coas Letras Galegas

Propoñemos unha lectura ás cegas con obras escritas en galego. Só hai que coller un paquete, levalo en préstamo e gozar coa lectura!

Esta mostra atoparédela no 1º andar da Biblioteca. 

Na Sala Infantil tamén haberá unha mostra cunha selección de títulos de todas as materias e para todas as idades para amosar aos máis pequenos que as Letras Galegas están presentes en todos os ámbitos. 

Galego

O PRIMEIRO XOGO EN VIVO NUNHA AUTÉNTICA ABADÍA MEDIEVAL

O PRIMEIRO XOGO EN VIVO NUNHA AUTÉNTICA ABADÍA MEDIEVAL

«1414 A. D. - Son tempos aciagos. Desde hai máis de 35 anos a cristiandade atópase dividida polo chamado Cisma de Occidente. En Castela, a orde do Císter escolleu un discreto mosteiro a beiras do Atlántico onde os seus principais reuniranse para debater este espiñento asunto. Pero un inquietante suceso está a piques de sacudir os muros da abadía... »

O Real Mosteiro de Oia presenta unha actividade inédita en Galicia: Concilium, o primeiro xogo en vivo nunha auténtica abadía medieval.

Galego

Curso de autoprotección feminina

Curso dirixido a mulleres e adolescentes que queiran aprender coñecementos básicos para a súa protección e autodefensa.

Impartido por Bernardo López:

Presidente da Asociación Española de Defensa Personal e Policial

Delegado de Krav Kick Combat da Federación Galega de Kicboxing

 

-Duración da actividade: 3'30 horas

-Público destinatario: mulleres a partir de 16 anos

-Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 2 de maio

Galego

Agasallo de libros

Para celebrar este día as persoas que se acheguen a visitar o Museo Pedagóxico de Galicia durante a xornada do 23 de abril poderán levar como agasallo un libro. A entrada ao museo, coma sempre, será gratuíta.

Data: sábado 23 de abril

Hora: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 19:30 (ata esgotar existencias)

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades