Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Vai de Letras.

A Consellería do Mar, pola súa banda, realizará dentro da campaña Vai de Peixe, de promoción do consumo de produtos do mar entre os millennials galegos, un concurso de relatos curtos en galego baixo o nome de Vai de Letras. Esta acción está dirixida ás mozas e mozos de entre 18 e 35 residentes en Galicia e para participar nela deberán completar este texto de inicio -“Queremos a vida como queremos o peixe, sen espiñas, pero...”- cunha proposta de non máis de 150 palabras, a maiores do texto de inicio, ao que poderán acceder a través das redes sociais e da web de Vai de Peixe.

Galego

I Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020

Tes peques na casa? Gústalles debuxar, pintar, facer manualidades...? Apetécevos gañar unha visita a Marcelle, un patinete e lotes de libros? Propoñémosvos participar no concurso de artes plásticas que organizamos con motivo das Letras Galegas 2020 en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. A temática é tan aberta como inspiradora: PRIMAVERA DE LETRAS. Atréveste a plasmar nunha obra que é para ti o galego e as nosas letras?

Galego

Todo o día na casiña

A Secretaría Xeral de Política Lingüística promove este vídeoclip animado por Luz Beloso en que 8 voces femininas da música galega -as de Paty Lesta, Uxía, Guadi Galego, Rosa Cedrán, Carmen Rey, Mari Faltrí, Paula Romero e María Costa- e os músicos Cristian Leggiero, José Churruca e Hansel Luís se unen para interpretar unha nova peza composta por Magín Blanco co obxectivo de animar a xente miúda da casa nestes días de confinamento. Porque #aculturasegue e a lingua galega non para.

Galego

Letras Galegas en Zürich

O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Zúrich celebra o Día das Letras Galegas cun evento a través da plataforma Zoom.

O evento incluirá as conferencias "Ricardo Carvalho Calero e a questione della lingua galega", a cargo de Johannes Kabatek, e "O sonho de Ricardo Carvalho Calero de um mundo lusófono", a cargo de FErnando Brissos).

Ligazón de Zoom: hLps://uzh.zoom.us/j/5148324118? pwd=MHc4d1dtN0l4emhzV1NNVXlPZVBUQT09

ID de reunión: 514 832 4118

Contrasinal: 208997

Galego

De Carballo Calero a Carvalho Calero

Para que os nenos e nenas galegas poidan seguir coñecendo e traballando na figura de Carvalho Calero de cara ao #DíaDasLetrasGalegas, que esta ano tocará celebrar #desdeacasa, na nosa web podedes descargar de forma gratuíta as actividades incluidas no libro “De Carballo Calero a Carvalho Calero”, escrito por Charo Baleiron, Belén Rodríguez Suárez y Marta Rodríguez Tenreiro

Galego

Brinde simbólico

Este ano é o primeiro Día dos Museos para o Museo do Viño de Galicia.

O Museo tentará aproximarse ás terras que producen o viño, un dos fíos condutores do seu contido. O Museo, baixo o lema “Este brinde vai para a nosa mellor colleita”, reunirá nun brinde virtual a representantes das cinco denominacións de orixe de viño de Galicia, e ás catro Indicacións Xeográficas protexidas, para brindar por un próximo reencontro cos viños galegos no Museo do Viño de Galicia.

Facebook/museodovinho

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades