Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Os retos da raposa Fedella: A danza na pintura

Presentámosvos a unha habitante moi especial do monte Gaiás: A Raposa Fedella ! Astuta, intelixente e fan da arte. Pero, ademais é moi pícara, xa que non para de matinar enigmas e retos, créndose infalible. Pero para habilidosos e enxeñosos, os vosos pequenos e pequenas, ás que lles preparou uns  desafíos creativos e artístiscos ao redor do seu tema e sitio favorito da Cidade da Cultura: o Museo Gaiás.

Galego

Os retos da raposa Fedella: Exeria, unha muller curiosa

Viaxar ata a mesma Constantinopla ou escalar a montaña sagrada do Sinaí. Todas estas aventuras e máis‼️ no novo reto da Raposa Fedella.

A vosa pícara amiga proponvos hoxe divertidos desafíos seguindo os pasos da intrépida Exeria, a primeira muller escritora e peregrina da Península Ibérica.

Esta pioneira era unha das protagonistas de Galicia un relato no mundo, da que podedes continuar a descubrir máis fazañas na recén estreada visita virtual da mostra, porque tal e como ides aprender da valente Exeria, os lindes físicos, xeográficos e tamén de xénero, están para saltalos!

Galego

Os retos da raposa Fedella: O paraíso terrenal

Novo desafío da Raposa Fedella!

Hoxe quere poñer a proba a vista de aguia dos vosos pequenos e pequenas cunha das súas pinturas favoritas da exposición do Museo Centro Gaiás Galicia, un relato no mundo, 'O Paraíso terreal', de Pieter Brueghel 'O Mozo'.

Unha paisaxe natural chea de animais, do que se aproveita a nosa pícara amiga para retos en familia sobre os vosos coñecementos sobre o medio natural e tamén para poñer ao descuberto os vosos dotes artísticos e creativos. Vai quedar asombrada coa vosa destreza!

Galego

Os retos da raposa Fedella: Desaparición da Biblia Kennicott

Amigas e amigos, a Raposa Fedella precisa a axuda da vosa cativada: a Biblia Kennicott desapareceu!  Como sabedes, trátase dunha das obras máis importantes da exposición Galicia,un relato no mundo do Museo Centro Gaiás e ten un valor incalculable. Na vitrina apareceron unha serie de enigmas que debedes resolver en familia para dar co seu paradeiro e de seguro que, ao mesmo tempo, ides coñecer un bocadiño máis desta obra mestra, considerada unha das máis fermosas do mundo!

Premede  enriba da imaxe da Raposa Fedella para descargar os enigmas e que... comece a aventura!

Galego

Os retos da raposa Fedella: Ricardo Carvalho Calero

Presentámosvos a unha habitante moi especial do monte Gaiás: A Raposa Fedella ! Astuta, intelixente e fan da arte. Pero, ademais é moi pícara, xa que non para de matinar enigmas e retos, créndose infalible. Pero para habilidosos e enxeñosos, os vosos pequenos e pequenas, ás que lles preparou uns  desafíos creativos e artístiscos ao redor do seu tema e sitio favorito da Cidade da Cultura: o Museo Gaiás.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades