Andaina feiticeira
Día de San Xoán, meniña vaite lavar;
pillarás auga de paxaro antes que o sol raiar.
A noite de San Xoán é unha noite cunha gran riqueza de rituais. Auga, lume e vexetación son os tres elementos primordiais na celebración desta noite meiga que marca a chegada do verán. Un dos ritos máis feiticeiros é deixar, ao relento da noitiña, un feixe de herbas a macerar nun caldeiro de agua para, na mañá, lavarse e ficar así purificadas/os e perfumadas/os e espantar os males.

