Camiño Nós 24 de xullo (1926-2021)
A Ínsua dos Poetas, na Esgueva do Carballiño, acolle na véspera do Día de Galicia a conmemoración dos 95 anos do itinerario a pé que fixeron desde Ourense ata Santiago sete integrantes do Grupo Nós: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Xavier Pardo, Alfonso Vázquez Monxardín, Lois Feixóo e Antón Sánchez, en xullo de 1926, seguindo a ruta do Mapa de Fontán.

