Plan de Rescate
Prepárate para vivir unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos .. e ata un plan de rescate!
Neste faladoiro poderemos conversar sobre as aventuras que poden chegar a vivirse nas escolas, de que os nenos e nenas con diversidade funcional tamén poden ser heroes e heroínas e de que non importa de onde saímos, senón que todo o mundo ten dereito a chegar ao mesmo lugar. Falaremos tamén da importancia das palabras, baseándonos en documentos como a Guía de estilo de Down Galicia ou debatendo arredor dos termos igualdade vs. equidade

