Préstamo a cegas
Gústanche as sorpresas? Escolle unha bolsa, lévaa para a casa e descubre o que contén! Queda coa bolsa e axúdanos a eliminar os plásticos dun só uso.
As bolsas para persoas adultas estarán dispoñibles no 2º andar a partir das 8.30h e as destinadas ao público infantil na sala infantil a partir das 16h.
Non abras o paquete ata chegar á túa casa e bótalle unha ollada a todos os materiais aínda que penses que non che van gustar.
Agardamos que sexan do teu agrado!

