Colapsoloxías_Libredon/Demodía
LIBREDÓN
Un método vulnerable é orgánico porque se ve influenciado por procesos circunstanciais. As ferramentas empregadas no proxecto actúan como catalizadores dos erros de proceso, xirando ao redor do risco e a imperfección.
O espolio sistemático das ideas e a necesidade aditiva por eses motivos externos, conxugan unha hipérbole. A súa existencia abrolla do ir e vir constante, entre a realidade e a ficción, entre o analóxico e o dixital.

