Evento: Contacontos “O cociñeiro Martiño“, con Iago López
Contacontos “O cociñeiro Martiño“, con Iago López
Sesións de contos para público infantil na biblioteca Ánxel Casal, todos os sábados ás 12:00
Sábado 7 de xaneiro ás 12.00h no salón de actos.Contacontos “O cociñeiro Martiño“ da man de Iago López.No palacio real andan buscando a alguén para traballar nas cociñas. Búscase unha persoa que saiba guisar e asar para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.Sábado 14 de xaneiro ás 12.00h no salón de actosContacontos “O Universo Verso “ da man de Chus Álvarez.O Universo Verso está habitado por poemas que falan distintas linguas. Uns riman e outros non, pero todos saben a poesía. Queredes descubrilos? Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.Sábado 21 de xaneiro ás 12.00h no salón de actos.Contacontos “Contos na lareira“ da man de Iván DavilaO meu avó contábame historias ao carón dunha lareira e a día de hoxe aínda non teño a certeza de canto había de real nelas.Sabes como vivía a xente antes de que existise a internet? Coñeces ás criaturas que habitan nos nosos bosques? Cres na maxia? Descobre historias tradicionais repletas de chiscadelas ao presente! ‘Contos na lareira’ é un espectáculo de narración oral que inclúe a manipulación de obxectos e a participación do público. Trataranse temas como o coidado da natureza, a reciclaxe, a exaltación da lingua, a igualdade e a boa comunicación como resolución de conflitos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.Sábado 28 de xaneiro ás 12.00h no salón de actosContacontos ilustrado "De cando María Antonia Dans decidiu ser pintora" a cargo de Polo Correo do Vento.Unha homenaxe a María Antonia Dans, artista homenaxeada polo Día da Ilustración. Nesta actividade contaremos e debuxaremos unha adaptación para o público infantil e familiar da biografía da pintora galega. . Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.